• 2021-01-25 14:23:58
    Emprego

    O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vai a abrir próximamente o prazo para a solicitude de subvencións para o ano 2021 para:

    a)       Proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares

    b)       Proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares

     

    BENEFICIARIOS:

    a)       Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial

    b)       Comunidades ou Mancomunidades de veciños.

    c)       Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

     

    Ditas axudas serán en réxime de concorrencia non competitiva, as solicitudes de axuda presentadas en prazo tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro ata esgotar o crédito.

     

    A)    SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO DESTINADAS A PARTICULARES

    CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

    a)       O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira, …)

    b)       Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema

    c)       O custo do sistema de almacenamento e de alimentación do combustible

    d)       O custo de montaxe e conexionado.

    e)       No caso de enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes,etc.

    CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:

    O custo elixible máximo por vivenda variará en función da enerxía utilizada: 12.000 (xeotermia) e 6.000 (aerotermia e solar térmica)

    A intensidade máxima da axuda será do 50 %, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 30 %.

    A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €

     

    B)    SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA DESTINADAS A PARTICULARES

    CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

    a)       Os paneis fotovoltaicos.

    b)       O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, protección, cableado, equipamentos de medidas, etc …), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc) e sistema de acumulación con baterías

    c)       O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

    d)       O custo de montaxe e o conexionado, a dirección de obra.

    e)       O IVE, cando non sexa recuperable

    CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:

    A intensidade máxima da axuda será do 50 %

    A contía máxima da axuda por proxecto será de 25.000 €

    Adicionalmente establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh incrementarase en 1.500 €.

    PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.

    • Inicio solicitudes: A partir do 1 de marzo de 2021 para proxectos de enerxías renovables de uso térmico (Biomasa), 2 de marzo (Aerotermia), 5 de marzo (Xeotermia e Solar Termica)  e partir do 3 de marzo de 2021 para proxectos de enerxía solar fotovoltaica.
    • Fin solicitude: 1 de xullo de 2021 (incluido) ou ata esgotar o crédito.

     

    INFORMACIÓN: INEGA. DOG nº 10 do 18 de xaneiro de 2021. Cita previa: 981-541500

    Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.