• 2021-03-23 14:00:38
    Info General


    OBXECTO: Subvencións para a instalación de receptores vía satélite (SAT-TDT), naquelas vivendas do termo municipal de Ourol, que non poidan captar o sinal da TDT por vía terrestre ou este sexa deficiente e facilitar, deste xeito, a súa captación a través do sistema de difusión satélite.

    REQUISITOS:

    a)      Estar empadroado no concello de Ourol na vivenda onde se vaia facer a instalación, antes do 01/10/2020, e que esta sexa a vivenda habitual, na que se dea a condición de que non poidan captar o sinal da TDT por vía terrestre ou esta sexa deficiente.

    b)      Aportar un informe técnico realizado por un distribuidor autorizado (www.sattdt.es), onde se acredite que no domicilio non se recibe o sinal da TDT, ou este sexa deficiente e no que a instalación do devandito receptor é a única posibilidade.

    c)      As facturas serán abonadas a través de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso efectivo por portillo ou certificación bancaria, non admitíndose ningún outro modo de pagamento das mesmas.

     

    SUBVENCIÓN: Consideranse gastos subvencionables o custo do receptor TDT-SAT e os gastos derivados da súa instalación, máis a sintonización das canles no dispositivo instalado, (IVE incluído), ata un máximo de 400 € por domicilio. Os gastos subvencionados deben realizarse antes do 15/05/2021.

    As instalacións deben ser efectuadas por unha persoa física ou xurídica, que teña a condición de distribuidor autorizado, inscirto no rexistro de instaladores (www.sattdt.es ) .

    PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 15 de maio de 2021.

    DOCUMENTACIÓN:

    -          Modelo de solicitude (BOP nº 60 de 15/03/2021)

    -          Copia compulsada do DNI

    -          Certificación conta bancaria

    -          Copia compulsada da factura emitida.

    -          Copia compulsada dos xustificantes bancarios, acreditativos do pago da factura

    -          Certificado de medidas de cobertura terrestre, segundo Anexo da orde da convocatoria.

    -          Certificado de empadroamento.

    -          Documentación adicional da orde da convocatoria.

     

    INFORMACIÓN:

    -          Bases da convocatoria publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 060 de data de 15/03/2021.  Concello de Ourol. Tfno: 982-559109