• 2021-07-30 13:49:34
    Info General

    Dende o Concello de Ourol vaise a levar a cabo a proxección do filme MARÍA SOLINHA ó aire libre contando coa presenza do director, Ignacio Vilar. Antes da proxección do filme terá lugar unha presentación ao público por parte de director, seguidamente proxectarase o filme e a continuación abrirase un coloquio co director.

    Día: 8 de Agosto de 2021
    Lugar: Praza detrais do Concello
    Horario: 22:15 h

    Esta actividade está subvencionada cos fondos do Pacto contra a Violencia de Xénero ás entidades locais.

    As proxeccións ó aire libre realízanse coas mellores condicións técnicas do mercado e garantindo todas as medidas de seguridade, aforo, hixienización, etc, derivadas da situación actual do COVID-19.




    Adjuntos: