A Lama Informa
VECIÑOS DA LAMA REÚNENSE MAÑÁ CO EQUIPO REDACTOR DO PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE (PMUS) PARA TRAZAR ESTRATEXIAS DE FUTURO PARA O MUNICIPIO Esta iniciativa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e pretende servir de guía para o planeamento do entorno rural e urbano da Lama A Lama, 20 de febreiro de 2019 O alcalde da Lama, Jorge Canda, e membros do equipo redactor do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS) teñen convocado para mañá xoves ás 19 horas na Casa Consistorial unha xuntanza con colectivos veciñais, a ANPA, comunidades de montes, asociacións culturais, cazadores, entidades relacionadas co medio ambiente, etc. co fin de traza-las liñas de actuación neste sentido que darán orixe a un plan estratéxico de futuro para o entorno rural e urbano do municipio. O acto consistirá na presentación a cargo do equipo redactor do PMUS no Salón de Plenos do Concello, onde se ampliará información sobre este proxecto, que estará financiado nun 25% polo Concello de A Lama e nun 75% pola Deputación de Pontevedra. Segundo Marco Antonio Díaz Pérez, responsable de Infourban, empresa contratada pola Deputación para impulsar esta inicitiva, “trátase dun plan estratéxico que pretende modificar a mobilidade urbana producindo importantes cambios no reparto modal, promovendo estratexias de baixa emisión de carbono, melloras do entorno urbano e rural, e impulso da inclusión social, para conseguir así núcleos de poboación máis sostibles”. O obxectivo é o de mellorar a calidade de vida da poboación no concello da Lama, mediante a avaliación inicial das necesidades presentes e futuras xunto coa importante participación cidadá. Tras esta participación se plantexará un plan de acción con medidas concretadas no documento (PMUS).

Archivos adjuntos:
Noticias 21-Febrero-2019 16:00