A Lama Informa
A LAMA PASO A PASO A Lama, paso a paso é unha iniciativa de boas prácticas para a dinamización e o desenvolvemento dos mozos no rural. O proxecto liderado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil A Lama e financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, permite a todo os participantes adquirir novos coñecementos e compartir experiencias relacionadas co patrimonio natural do municipio e o sendeirismo. Xóvenes e maiores compartirán obradoiros e saídas para aprender nocións básicas de aplicacións destiñadas ao esparcemento no medio natural coma: Google Maps, Wikiloc, Geocaching,Marcaxe e sinalización, Cartografía, Brúxulas, Apps para móviles coma GPS Status, Geo Tracker. Aprenderán a facer e traballar con compás, arcos, tirapedras, así coma o coñecemento das rutas máis emblemáticas. Tamén terán tempo para coñecer e compartir ideas e experiencias con Clubes de natureza, en blogs para sendeiristas. Unha cita informativa e formativa para a xuventude e demáis veciños que promociona os valores medioambientais, paisaxísticos e culturais do municipio, ocupándose sempre de potenciar comportamentos e actitudes positivas entre os máis xóvenes. As actividades ao aire libre realizaránse nos vindeiros meses de xullo e agosto no concello, realizando diferentes rutas, encontros e actividades. Para máis información e inscricións tedes que pasar pola oficina da OMIX de A Lama, en Avda. do Concello nº 3-36830 A Lama ou poñeros en contacto chamando ao Telef. 986 76 82 38 (ext.4) . Lembrade, as actividades son totalmente gratuitas e.haberá moitas máis que xa os iremos contando. Agardámoste!!!

Archivos adjuntos:
Cultura y ocio 26-Junio-2019 09:38