A Lama Informa
Mañana xoves día 4 de xullo de 2019 dan comezo as rutas programadas na Iniciativa Xuvenil A Lama, paso a paso. Como sabedes a primeira saída faremola para coñecer a Ruta Tralos pasos do Camiño Real (Antas). A saída será ás 9:00h da Casa Consistorial de A Lama, e a volta será arredor das 14:00h ao mesmo lugar. Os xóvenes entre 14 e 30 anos poderán trasladarse no microbús municipal ata completar as 16 prazas, o resto dos participantes terán que desprazarse en coches particulares ata o punto de inicio da ruta. Aínda que A Lama, paso a paso é unha iniciativa dirixida a xuventud a actividade ten carácter interxeneracional polo que poderán anotarse nos roteiros veciños de tódalas idades e menores de 14 anos acompañados de familiares ou tutor. Recomendacións para todos aqueles que estades inscritos: -auga en abundancia. -algo de picar (unha froita ou barrita) -roupa cómoda e se queredes algo abrigo (sudadeira ou semellante) -calzado apropiado e cómodo (deportivas ou bota de montaña) Por motivos de seguridade non se permitirá realizar o roteiro a aquelas persoas que non veñan co calzado axeitado (tacón, zapato aberto) Aqueles que aínda queiran inscribirse poderán facelo nas oficinas da OMIX ou chamando ao 986 76 82 38 (ext 4) Lembrade que as actividades son de balde. Esperámoste!!!

Archivos adjuntos:
Cultura y ocio 03-Julio-2019 15:01