A Lama Informa
Mañana luns día 15 de xullo de 2019 continuamos as rutas da Iniciativa Xuvenil A Lama, paso a paso. A saída será nesta ocasión para facer o Roteiro da Liberdade . A saída será ás 9:00h desde a Casa Consistorial de A Lama, e a volta faremola arredor das 14:00h ao mesmo lugar. O vindeiro venres 19 saída será nocturna e o lugar a carballeira das Ermidas para observar estrelas, constelacións e contar lendas. Saída ás 22:00h desde a Casa Consistorial e regreso ás 23:30. Os mozos entre 14 e 30 anos poderan trasladarse no microbús municipal ata completar ás 16 prazas, o resto dos participantes terán que desprazarse en coches particulares ata o punto de inicio da ruta. Aínda que A Lama, paso a paso é unha iniciativa dirixida a xuventude a actividade ten carácter interxeneracional polo que poderan anotarse nos roteiros veciños de tódalas idades e menores de 14 anos acompañados de familiares ou titor.

Archivos adjuntos:
Cultura y ocio 14-Julio-2019 09:33