A Lama Informa
O CARNÉ XOVE DA XUNTA DE GALICIA ofrecerá descontos dun 5% en libros e dun 10% en material escolar e papelería Os xovenes de entre 12 e 30 anos con esta tarxeta poderán comprar a prezos reducidos en 150 librarías de toda Galicia... Os xovenes se beneficiarán de descontos nas 150 librarías adheridas ao Carné Xove. Estes descontos serán dun 10% en papelería e material escolar e dun 5% en libros para a xente nova que sexa titular desta tarxeta. O programa do Carné Xove na actualidade conta con máis de 3000 centros adheridos que abranguen todos os ámbitos, como o cultural, aloxamento, transportes, comercial ou ensino, entre outros. Arredor de 40.000 mozas e mozos galegos, con idades entre os 12 e os 30 anos, son xa usuarios do Carné Xove, que poden utilizar non somente na Comunidade Autónoma senón noutras zonas de España e en 40 países europeos que tamén participan desta iniciativa. Pásate pola túa OMIX e solicita información.

Archivos adjuntos:
Noticias 23-Septiembre-2019 09:51