A Lama Informa
O Concello de A Lama levará a cabo un Programa de actividades de fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero con cargo á subvención da Deputación Provincial de Pontevedra, que outorga unha subvención de 4.740 euros para esta finalidade. Tamén se desenvolveu con cargo a esta subvención o Curso preparatorio das probas para a obtención da ESO, que se desenvolveu dende xaneiro a xuño de 2019 En concreto desenvolveránse as seguintes actuacións dirixidas ás mulleres do Concello de A Lama: Obradoiro de habilidades sociais e intelixencia emocional Destinatarias: Mulleres do Concello A Lama Duración: 20 horas Data inicio: 5 de novembro 2019 Data límite inscrición: 4 de novembro Obradoiro de técnicas de búsqueda de emprego e emprendemento feminino Destinatarias: Mulleres do Concello A Lama Duración: 20 horas Data inicio: 18 decembro 2019 Data límite inscrición: 17 de decembro Curso de defensa persoal para mulleres Destinatarias: Mulleres do Concello A Lama Duración: 12 horas Data inicio: 9 novembro 2019 Data límite inscrición: 8 de novembro Para inscribirse aos obradorios/curso nas Oficinas do Concello de A Lama, en horario de 09.00 a 14.00 de luns a venres. Para mais información no teléfono 986768238 Extensión 6.

Archivos adjuntos:
Noticias 18-Octubre-2019 09:16