A Lama Informa
O vindeiro luns, día 30 de decembro de 2019 iremos a patinar sobre xeo a pista instalada no Pazo de Cultura de Pontevedra. A hora de saída será ás 15:30h e o regreso ás 19:45h Os pequenos poderán disfrutar tamén dos xogos no Parque de Ocio O prezo será de 2.€ por participante. Inclúe: bus, entrada e patins a pista de xeo, xogos no parque (tobogán, toro, etc.) As prazas son limitadas polo que debes vir a inscribirte e facer teu pago canto antes na biblioteca/OMIX ou mesmo nas oficinas municipais antes do venres 20 de decembro. Para patinar será obrigatorio levar luvas. Poderán participar rapaces maiores de 8 anos e os menores de 8 terán que ir acompañados dun familiar. Non poderán participar os pequenos que calcen un número de zapato menor a 25. Anímate a patinar con nós!!!

Archivos adjuntos:
Noticias 05-Diciembre-2019 19:42