A Lama Informa
- NADAL A LAMA 2019, CHEGAN OS PAXES AO NOSO CONCELLO - Mañán xoves 2 de xaneiro iniciamos polas nosas parroquias a recollida das cartas aos Reis Magos de Oriente polos seus Paxes. E continuaremos o venres ... Este é o itinerario: Xoves 2 Na Escuadra ás 16 horas na Choupana. En Covelo ás 16.45 horas na Praza do Conde. NA BARCIA DOUS LUGARES, EN CAMBESES ás 17:30 horas na Casa do Pobo, e no BORRALLEIRO ás 17:45 horas na Casa do Pobo. En Seixido ás 18:15 horas no Casino. En Antas ás 19 horas no Casino. Venres 3 En Xesta ás 16 horas na Casa do Pobo. En Xende ás 16:45 horas na Casa do Pobo. En Berducido ás 17:30 horas na Casa do Pobo. En Gaxate ás 18:15 horas no Teleclub. Na Lama ás 19 horas no Multiusos. Con respecto ao cartel que adxuntamos hai algunha modificación polo que os horarios e lugares válidos son estes. Agradecemos a colaboración de tod@s para que os nenos e nenas do noso concello se ilusionen aínda mais coa chegada dos Reis o próximo domingo 5 de Xaneiro ás 11:30 horas na Lama.

Archivos adjuntos:
Noticias 01-Enero-2020 12:01