A Lama Informa
Esta publicación, xestionada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e que conta cunha achega do servizo de dinamización lingüística da Deputación, recolle diversos artigos relacionados co patrimonio etnográfico e natural así como aspectos sociais do pasado deste municipio O concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, e a técnica municipal responsable da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), Cristina Villaverde, presentaron o número 16 da revista informativa e cultural de periodicidade anual “A Pedreira”, única no seu xénero en toda a comarca do Verdugo-Oitavén. A publicación, que conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra a través da liña de axudas en dinamización lingüística que o ente provincial destina aos concellos, está sendo xa distribuida de xeito gratuíto entre os veciños e veciñas da Lama e os exemplares están disposición da veciñanza para que podan retiralos tantos nas dependencias municipais como na OMIX (Biblioteca). Neste novo número, os lectores poderán atopar distintos artigos relacionados coa natureza, historia e vida do municipio da man de autores como Cristina Villaverde –coordinadora da publicación-, o arquitecto Manuel Ángel Bugallo ou o intelectuais e etnógrafos Estanislao Fernández de la Cigoña e Andrés Sampedro Fernández, entre outros. Tamén escriben neste número a colaboradora xornalística Milagros Bará Viñas, a restauradora de arte, Esperanza González do Nascimento, Dolores Ferro, Gabi Reboredo e Martiño Malleiro, María del Carmen Aldir Dova, Antonio Membrives Rojas, Eugenia Membrives Miranda e Zeltia Labraña González. Nesta ocasión, a portada está dedicada a unha pintura coa imaxe de San Wenceslao que se atopa na Capela de San Vicente na Chanciña de Gaxate e que protagoniza un interesante artigo da restauradora de arte, Esperanza González do Nascimento. Outros temas de interese que aborda neste número a publicación, está escrito pola colaboradora xornalística Milagros Bará Viñas e versa sobre a tradición musical na Lama onde se recollen breves retazos da historia relacionada con aqueles vellos músicos e as súas agrupacións que tan bo labor de animación e entremento fixeron en festas e romarías de toda a contorna. Tamén se inclúe un interesante traballo de Estanslao Ferández de la Cigoña e Andrés Sampedro Fernández sobre o chozo de Beresmo, o único da Serra do Suído que se atopa no termo municipal da Lama. Tamén O Suído como iniciativa polo patrimonio cultural recibe a atención do arquitecto Miguel Ángel Bugallo Otero e Fran García Fernández. A Pedreira é un proxecto cultural activo no concello da Lama desde o ano 2003, cando o primeiro número da revista saíu á rúa. Desde entón, e con periodicidade anual, a revista profunda en distintos aspectos culturais e turísticos do municipio, co obxectivo de achegar a veciños e visitantes información interesante desta localidade. Outro dos atractivos da publicación é que se trata dun proxecto colectivo no que participaron decenas de persoas ao longo destes dezaseis anos de vida. Ademais, desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil favoreceuse a participación de xente nova, co fin de vinculalos a un proxecto cultural que indaga na historia e tradición do municipio.

Archivos adjuntos:
Noticias 11-Febrero-2020 20:00