A Lama Informa
O Concello da Lama recorda os seguintes servizos que están a disposición dos veciños/as, durante a situación de alarma ou emerxencia sanitaria, e máis a partires deste luns 13 de Abril, no que se reactivou a actividade productiva nalgúns sectores que estiveron parados, seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias e dos organismos estatais ou autonómicos correspondentes. * Continuamos coa entrega de mascariñas no Concello da Lama, tanto aos comerciantes como ó SAF para realizar a súas labores diarias, os servizos e empresas de transportes de pasaxeiros, tamén as persoas que teñen que retomar a sua actividade laboral ou veciños/as das distintas parroquias con alto grado de risco e finalmente aqueles que non dispoñan delas e que as precisan únicamente para desplazarse a realizar as xestions imprescindibles autorizadas e permitidas nos distintos comercios ou entidades locais ou da comarca (como farmacia, supermercado, estancos, banco, centro médico, tendas agropecuarias, transportes públicos, etc). Recordade que a mascariña é una medida complementaria que no debe relaxar as principais medidas de seguridade e sanitarias recomendadas, que son a distancia de seguridade entre persoas en lugares de máis aglomeracions de xente (mínimo1,5 metros) e ademáis a continua hixiene das mans. Se non a tes e precisas unha mascariña e ademáis pertences o Concello da Lama chama ó teléfono: 986 76 82 38 * Seguimos axudando aos nenos e nenas de Primaria e Secundaria do Municipio, falicitándolle a impresión de deberes ou tarefas diarias a todos aqueles alumnos/as que non dispoñan dos medios técnicos xustificados para poder facelo; polo tanto, para usar este servicio deberáse chamar ó teléfono 986 76 82 38 ou enviar un correo electrónico coa documentación para imprimir a oficinas@concellodalama.com ou cultura@concellodalama.com, omixalama@gmail.com engandindo nome da persoa maior de idade responsable, dirección de entrega e teléfono de contacto. * Estamos a centrar as labores de desinfección naqueles lugares públicos onde se ofrecen servizos esenciais básicos, posto que son un posible foco de concentración e aglomeracións de persoas, co posible risco de contaxio no caso de non respetar as recomendacións de seguridad. * Dende a Comisión de Seguridade Covid-19 do Concello da Lama, faise un seguimento teléfonico e de atención in situ, das persoas en situación de dependencia ou con mobilidade reducida, vulnerabilidade ou emerxencia social, garantindo o subministro básico de alimentos, productos de hixiene ou farmacolóxicos permitidos. É moi importante recordar que a XUNTA tamén dispon de un número de teléfono social gratuito de acompañamento e apoio telefónico á cidadania en horario de 8:00 a 20:00 horas de luns a venres: Telf. 900 400 800. Gracias po la vosa colaboración. #QuedaNaCasa

Archivos adjuntos:
Noticias 16-Abril-2020 09:21