A Lama Informa
Informámoste que está aberto o prazo para inscribirse no Proxecto TI© EMPRENDES unha iniciativa do Fondo Social Europeo e a Deputación Provincial de Pontevedra, en colaboración co noso concello mediante a que pretende mellorar a empregabilidade da poboación moza e frear o despoboamento. O proxecto consta de diversas accións formativas específicas que inclúen bolsa para desprazamento. Ditas formacións levaránse a cabo entre os vindeiros meses de setembro de 2020 e abril de 2021. As actividades contarán con titorías personalizadas para a procura de emprego e asesoramento para a creación da túa propia empresa. Cada mozo poderá escoller entre as seguintes formacións: I. DJ (intensivo) II. Monitor deportivo en grupo con soporte musical III. Guia por itinerarios en bicicleta IV. Aplicacións móbiles (apps) V. Tendas en liña VI. Servizos de bar e cafeteria VII. Imaxe, video e videoxogos Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos: 1. Ter entre 16 e 30 anos. 2. Estar inscrito como demandantes de emprego, non ocupado, no Se Servizo Público de Emprego de Galicia con data anterior ao comezo da acción formativa. 3. Non estar integradas nos sistemas de educación ou formación regrados. 4. Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX). 5. Estar empadroadas nalgún dos seguintes concello da Lama. Para máis información podes escribir a cultura@concellodalama.com, pasarte pola OMIX da Lama ou chamar ao 986 76 82 38 (ext.4).

Archivos adjuntos:
Info General 16-Julio-2020 16:00