A Lama Informa
O concelleiro Daniel Vidal presentou a campaña divulgativa e de inscrición cidadá para poder optar a formar parte desta iniciativa O concelleiro Daniel Vidal presentou a campaña de compostaxe coa que o Concello da Lama pretende repartir 200 composteiros individuais e 3 comunitarios por todo o municipio grazas a un ambicioso proxecto subvencionado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia e o Plan Compost-Revitaliza da Deputación de Pontevedra. O Concello da Lama prevé unha primeira fase co reparto por rigurosa orde de inscrición de 200 composteiros domésticos individuais así como de 3 comunitarios que estáran orientados ao centro escolar, (estará dentro do recinto), a un bloque de vivendas e outro a grandes produtores, e dicir, negocios de hostalería e alimentación, ubicados no casco urbano. Daniel Vidal explicou que para levar adiante este proxecto de maneira eficiente repartiranse carteis e folletos informativos así como un vídeo para compartir en redes sociais explicando o modo de inscribirse e participar neste plan de compostaxe e tamén de como deben actuar os beneficiarios dos composteiros. O modelo que se desenvolverá na Lama prevé a cesión dos composteiros a veciños e a propietarios de pequenos negocios que teñan casas ou establecementos con horta de forma que xestionen in situ os biorresiduos nas súas propias parcelas sen ter que trasladalos a. ningún outro lugar transformando os residuos nun fertilizante que poderán empregar nas súas hortas e xardíns. Segundo o concelleiro Daniel Vidal “temos que apostar por un modelo sostible para o tratamento dos nosos residuos porque doutro xeito estaremos hipotecando o futuro das novas xeracións. Temos o deber non so de coidar o medio ambiente que herdamos senón deixalo en mellores condicións da que o recibimos. Este modelo da compostaxe é unha alternativa viable coa que todos podemos contribuir a mellora-lo noso entorno ademais dun uso útil e responsable para os nosos resíduos. Iniciamos agora este proxecto con moita ilusión e agardamos que a xente se una dun xeito responsable”. Para inscribirse, os interesados deberán acudir ao Consistorio ou chamar ao teléfono 986 76 82 38 e alí aportar o seu DNI e referencia catastral da vivenda onde se vai instalar o composteiro. A entrega dos composteiros farase por rigorosa orde de solicitude xa que a participación inicial redúcese a 200 unidades de compostaxe. Os beneficiarios dos composteiros individuais recibirán información e asesoramento pormenorizado así como a supervisión de mestres composteiros que velarán polo correcto uso e utilización dos mesmos para poder obter coas mellores garantías compost que logo poderá ser utilizado con total garantía nas hortas e nos xardíns dos usuarios.

Archivos adjuntos:
Noticias 27-Noviembre-2020 11:02