A Lama Informa

- 50 ÚLTIMOS COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS  BUSCAN DONO NA LAMA-

Unha nova remesa de composteiros, serán os cincuenta que nos quedan logo dos repartos anteriores.

Recorda que debes chamar ao concello, 986768238, para solicitar e recibir GRATUITAMENTE, o teu composteiro doméstico.

Os requisitos serán facilitar o nome, apelidos, DNI, enderezo e referencia catastral da vivenda. Tamén deben dispor dun espazo de horta e/ou xardín de superficie aproximada duns 50m2 e deben comprometerse a facer un uso responsable do composteiro cedido e a facilitar o seguimento por parte dos técnicos especialistas na materia.

A selección de participantes e poder optar a un dos 200 composteiros individuais será por rigorosa orde de solicitude.

Anímate e ven a buscar teu composteiro!!!!



Archivos adjuntos:
Noticias 20-Enero-2021 18:24