A Lama Informa

O grupo de goberno comprométese a estudiar a posibilidade de celebrar plenos telemático se persiste a actual situación da pandemia no municipio

A Lama, 25 de xaneiro de 2021

O Pleno de Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou por unanimidade dos concelleiros asistentes (6 do PPdeG e 1 de Ciudadanos) sendas mocións presentadas por Ciudadanos e o Partido Popular para solicitar que se respecte desde os cargos públicos a orde de vacinación fixada polos protocolos para evitar que ninguén o salte. Tamén se aprobou outra iniciativa popular de apoio á creación do fondo de axuda á hostalería, autónomos e sectores afectados pola pandemia da Covid-19.

 Andrés Cal, concelleiro de Ciudadanos, solicitou o compromiso dos concelleiros presentes de respectar o protocolo de acceso ás vacinas previsto e que estipula que deben ser os colectivos máis vulnerables os primeiros en porse estas medidas de inmunización e nos os cargos políticos de calquera partido. Tamén pediu un compromiso ético para que, no caso de que se producira algún caso no Concello se lle esixira a súa dimisión ou se lle cesara.

 O alcalde, Jorge Canda, manifestou a súa disposición e a de tódolos seus compañeiros de apoiar esta medida e indicou que tanto el como os demais membros do equipo de goberno non teñen intención de ser vacinados antes da orde que estableza o protocolo polo que anunciou o voto unánime dos concelleiros populares a esta proposta.

Seguidamente o voceiro do grupo municipal do PPdeG, David Carrera, defendeu tamén a moción popular a través da cal se pedía o apoio da Corporación para o fondo proposto pola Xunta de Galicia para achegar subvencións á hostalería, autónomos e colectivos máis afectados polo impacto económico da pandemia da Covid-19.

 No capítulo de rogos e preguntas o concelleiro de Ciudadanos, Andrés Cal, interesouse pola existencia de subvencións para persoas con especiais dificultades económicas para arranxos de cubertas en vivendas, o traslado de contedores no entorno da Braxiña e sobre a necesidade de que o Concello publicase diariamente en facebook os casos de Covid rexistrados no municio. Tamén pediu a celebración de plenos telemáticos.O alcalde respostou que as subvencións para familias vulnerables para arranxos en vivendas estaban totalmente operativas e lembrou que o pasado ano pechouse co arranxo de 5 vivendas que cumprían os requisitos da normativa vixente.

Tamén o concelleiro Daniel Vidal informou que xa está previsto o cambio de contedores no entorno da Braxiña aproveitando o avance do Plan Revitaliza e de recollida selectiva de lixo polo que os depósitos do lixo irán ubicados noutra zona máis acaída.

 Sobre a publicación dos casos de Covid-19 o tenente de alcalde, David Carrera, aclarou que o máis convinte por operatividade e acceso ao propio sistema do Sergas era publicar cando houbera cambios significativos recalcando que “farase sempre e cando haxa datos oficial obxectivos, se non, non”, facendo un chamamento á resposabilidade e á necesidade de informar desde a veracidade e a serenidade.

 Finalmente, sobre a posibilidade de facer plenos telemáticos, o alcalde Jorge Canda asegurou que se está estudiando o tema coa intención de que si persiste a situación actual será o máis convinte.




Archivos adjuntos:
Noticias 26-Enero-2021 13:38