A Lama Informa

A Alameda volverá a concentrar a presenza de vendedores ambulantes de roupa, calzado, plantas, panadería, polbo, etc. e terá como novidade a venda de churros a partir das 9 horas.


 A Alameda volverá a acoller este domingo a tradicional feira da Lama reconvertida nun auténtico “Centro Comercial Rural” despois do parón obrigado polas restricións establecidas como consecuencia da pandemia da Covid-19 que nas datas pasadas afectou de maneira especial a toda Galicia por mor da terceira onda.

 O Concello, en colaboración con Protección Civil, porá en macha un amplio dispositivo organizativo con separación de postos de venda ambulante, circuito de entrada e saída e toda unha serie de medidas á disposición dos asistentes para garanti-la protección fronte á Covid-19.

 Este domingo día 28 de febreiro volve a feira á Lama con presenza de distintos postos que farán un esforzo especial por achegar aos veciños e veciñas as mellores ofertas para facer fronte aos graves problemas económicos do efecto da Covid-19.

 A PRESENZA DUN POSTO DE CHURROS, A PRINCIPAL NOVIDADE

 Así este domingo haberá vendedores ambulantes de roupa, calzado panadería, produtos da horta, comestibles e plantas e tamén volverá a este mercado tradicional o pulpeiro que ofrecerá un produto habitual das feiras da nosa contorna tanto para levar como para degustar na terraza da feira habilitada para albergar o aforo recomendado polas directivas sanitarias e gubernativas.

 A novidade en canto a presenza de vendedores ambulantes será a dun posto de churros que desde as 9:00 horas da mañá estará operativo e funcionando para facilitar que quen queira poida levar quentiños e recén feitos os famosos churros e porras para poder almozar cómodamente nos seus respectivos fogares.

 O Concello da Lama coa posta en marcha de novo desta feira, pretende dinamizar novamente a economía e a actividade social do municipio ao tempo que mellora a oferta comercial na zona co fin de ir acadando a “nova normalidade” cidadá, nesta nova desescalada.

 O goberno local lembra a aquelas persoas da comarca, non so da Lama, que decidan acudir o vindeiro domingo á feira que deben manter as medidas de seguridade e segui-las indicacións que estarán a disposición do público para que esta actividade se desenrole con total normalidade.

 As rúas anexas á Alameda volverán a estar libre ao tráfico e ao aparcamento para favorecer así a accesibilidade aos veciños que residen fóra para que estacionen os seus vehículos e que podan tamén acceder de xeito máis doado coas mercadurías que merquen aos coches que teñen estacionados.

 ESTARÁ NOVAMENTE O PULPEIRO NA FEIRA DA LAMA

 Tamén se confirma a volta do pulpeiro á feira da Lama cunha carpa e mesas e bancos tradicionais para que os asistentes a este mercado podan tamén repoñer forzas e degusta-la gastronomía típica das feiras como o polbo e o churrasco. Os que queiran degustalo na feira poderán facelo seguindo as normas de aforo exterior previsto para este tipo de establecementos e tamén poderán levarse este produto galego de calidade para as súas casas en fiambreiras.




Archivos adjuntos:
Noticias 25-Febrero-2021 14:20