A Lama Informa


O servizo “CONCILIA A LAMA 2021” ten como finalidade ofrecer un servizo de apoio ás familias do Concello de A Lama para que poidan conciliar a vida persoal, familiar e profesional favorecendo a corresponsabilidade.

O Programa vai dirixido a nenos e nenas de 3 anos (cumpridos antes do primeiro día do inicio do prazo de solicitude) a 12 anos, empadroados no Concello de A Lama.

Se quedasen prazas baleiras poderían inscribirse nenos e nenas NON empadroados no Concello de A Lama, cuxos proxenitores ou proxenitor/a traballe no termo municipal do Concello de A Lama. En cuxo caso terase que acreditar co certificado da empresa actualizado e coa vida laboral actualizada.

Período non lectivo de verán : Do 1 de xullo ao 10 de setembro de 2021

Período non lectivo de Nadal: Do 22 de decembro de 2021 ao 7 de xaneiro de 2022

Horario normal      9:00 a  14:00

Horario ampliado         8:30 a 14:30

Poderá optarse como horario de entrada e de saída entre o horario normal e o horario.

Establécese un mínimo de 5 participantes e un máximo de 15.

O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte á publicación das bases na sede electrónica do Concello de A Lama [dirección https://concellodalama.sedeelectronica.es] e no Taboleiro de anuncios, é dicir, dende o 25.05.21 ata o 13.06.21 (ambos incluídos).

Para mais información, acuda ás oficinas xerais, onde lle proporcionarán as bases e o ANEXO de solicitude, ou por teléfono no 986 76 82 38 (Extensión 6).

Noticias 25-Mayo-2021 14:23