A Lama Informa
O vindeiro xoves 29 de xullo ás 11:30h impartiráse  no edificio Multiusos un Obradoiro Creativo denominado Unha arte delicada: a papiroflexia, programación das actividades desenvolvidas éste verán na Axencia de Lectura Municipal en colaboración co Programa de Dinamización da Lectura LER CONTA MOITO 2021.
 A actividade terá unha duración de 60 minutos e  estará dirixida a público de 5 a 18 anos.

Os interesados en participar poden chamar ao telf.  986 76 82 38 (ext. 4) ou pasar pola Bilioteca Municipal de A Lama para cumprimentar o  formulario a partir do día 15 de xullo de 2021.
Anímate a participar e lembra que as prazas  son limitadas

O espazo contará con medidas anticovid pertinentes.

Archivos adjuntos:
Cultura y ocio 15-Julio-2021 14:08