O vindeiro xoves 29 de xullo ás 11:30h impartiráse no edificio Multiusos un Obradoiro Creativo denominado Unha arte delicada: a papiroflexia, programación das actividades desenvolvidas éste verán na Axencia de Lectura Municipal en colaboración co Programa de Dinamización da Lectura LER CONTA MOITO 2021.
A actividade terá unha duración de 60 minutos e estará dirixida a público de 5 a 18 anos. Os interesados en participar poden chamar ao telf. 986 76 82 38 (ext. 4) ou pasar pola Bilioteca Municipal de A Lama para cumprimentar o formulario a partir do día 15 de xullo de 2021. Anímate a participar e lembra que as prazas son limitadas O espazo contará con medidas anticovid pertinentes. Archivos adjuntos: |
Cultura y ocio 23-Julio-2021 10:54
|