A Lama Informa
O Programa de Dinamización a lectura Ler Conta Moito 2021 en colaboración coa Axencia de Lectura Municipal de A Lama organiza un OBRADOIRO CREATIVO que leva por título: UN CONTO CHINESE

Será impartido o vindeiro venres 30 de xullo ás 11:00h por Manuel Cortés e o lugar de celebración será no edificio Multiusos.
A actividade terá unha duración de 60 minutos e estará dirixida a público de 5 a 18 anos.

Os interesados en participar poden chamar ao telf. 986 76 82 38 (ext. 4) ou pasar pola Biblioteca Municipal de A Lama para cumprimentar o formulario a partir do día 15 de xullo de 2021.
Anímate a participar e lembra que as prazas son limitadas

O espazo contará con medidas anticovid pertinentes.



Archivos adjuntos:
Cultura y ocio 24-Julio-2021 12:06