A Lama Informa
A LAMA ACOLLE SENDOS CURSOS DE MELLORA DE GANDERÍA DE VACÚN DE CARNE, OVINO E CABRÚN

➡ Terán lugar do 2 ao 6 e do 8 ao 12 de novembro cunha duración cada un de 25 horas en 5 mañás consecutivas.

O concello da Lama acollerá no mes de novembro varios cursos de mellora gandeira de vacún de carne, ovino e cabrún a través dunha iniciativa formativa da Axencia Galega de Calidade Alimentaria e Beealia, dentro do Plan de Formación Agroforestal impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Lama.

Estes cursos terán lugar do 2 ao 6 e do 8 ao 12 de novembro cunha duración cada un de 25 horas en 5 mañás consecutivas e estarán orientados a un mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 inscritos. O horario será matinal entre as 14 horas e deberá ser presencial para os alumnos participantes.

O primeiro dos cursos a celebrarse na Lama será o de mellora da gandería de ovino e cabrún, que terá lugar do 2 ao 6 de novembro co obxectivo de achegar os coñecemento básicos para iniciar unha gandería de ovino e/ou cabrún (de carne ou de leite) e para aqueles que xa teñan unha revisar e establecer unha estratexia de produción baseada na situación actual e nas prespectivas de futuro.

Este curso, organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria e Beealia realizará un repaso ás principais áreas de coñecemento da gandería como razas, sistemas de cría, comercialización, manexo da reprodución, axudas, prevención de ataques de lobo, fertilización, manexo de pastos, cambio climático, análise económico e estratéxico da gandería, etc. Ademais, farase tamén unha visita en campo para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.

Trátase dun curso participativo no que analizaremos en detalle cada unha das ganderías ou proxectos dos alumnos a través dun Plan Individual.

Pola súa banda, o curso de iniciación e mellora da gandería de vacún de carne ten como obxectivos os coñecementos básicos para iniciar unha gandería de vacún de carne e para aqueles que xa teñan unha revisar e establecer unha estratexia de produción baseada na situación actual e nas prespectivas de futuro.

Realizarase un repaso ás principais áreas de coñecemento da gandería como son o manexo de pastos, razas, sistemas de cría, sistemas de cebo, comercialización, manexo da reprodución, axudas, prevención de ataques de lobo, fertilización, cambio climático, análise económico e estratéxico da gandería, etc.

A inscrición deberase facer online no seguinte enderezo electrónico:

https://forms.gle/RJ6H8QyxxzieEJc96

Info General 13-Octubre-2021 12:21