A Lama Informa
O Concello da Lama informa do programa "FIANDO REDES" pola Deputación de Pontevedra, que consiste na creación de liñas de subvencións destinadas á realización de actividades e programas varios, todo relacionado coa promoción e co desenvolvemento de accións que fomenten o principio de igualdade e erradiquen a violencia de xénero. 

Este programa vai destinado a asociacións de mulleres e outras asociacións, federacións e
fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra, que teñan como obxectivo prioritario
e ámbito de actuación a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Quedan expresamente excluídas do ámbito do programa as solicitudes efectuadas por persoas
particulares, empresas, concellos, comunidades de montes, clubs deportivos, centros educativos
e ANPA.

As asociacións interesadas en solicitar as accións e actividades deste programa "FIANDO REDES", deberán presentar as súas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos co seus certificados electrónicos do sistema Cl@ve, a través do formulario normalizado, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Hai varios tipos de actividades a elexir tales como: Encontro con escritoras, Acción escénica, Música, Murais, Faladoiros, etc.

Adxuntamos os enlace onde aparece a información completa sobre este programa "FIANDO REDES" así como tramitar e os prazos de solicitudes.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/11/16/2021057032

 






Archivos adjuntos:
Info General 24-Noviembre-2021 18:59