A Lama Informa



PRAZAS DISPOÑIBLES NO PROGRAMA CONCILIA A LAMA 2021 PERÍODO NADAL

Acuda ás oficinas xerais, onde lle proporcionarán as bases e o ANEXO de solicitude.

O servizo “CONCILIA A LAMA 2021” ten como finalidade ofrecer un servizo de apoio ás familias do Concello de A Lama para que poidan conciliar a vida persoal, familiar e profesional favorecendo a corresponsabilidade.

 O Programa vai dirixido a nenos e nenas de 3 anos  (cumpridos antes do primeiro día do inicio do prazo de solicitude) a 12 anos, empadroados no Concello de A Lama.

 Se quedasen prazas baleiras poderían inscribirse nenos e nenas NON empadroados no Concello de A Lama, cuxos proxenitores ou proxenitor/a traballe no termo municipal do Concello de A Lama. En cuxo caso terase que acreditar co certificado da empresa actualizado e coa vida laboral actualizada.

 Período non lectivo de Nadal: Do 22 de decembro de 2021 ao 7 de xaneiro de 2022

Horario normal

Hora de entrada: 9:00

Horario de saída: 14:00




Archivos adjuntos:
Info General 17-Diciembre-2021 14:40