A Mezquita Informa
O IMSERSO por Resolución do 27 de novembro de 2023 convoca as prazas para pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TERMALISMO (BOE nº 289 do 04/12/2023).

As persoas interesadas en participar no programa poderán achegarse ó Departamento de Servios Sociais do Concello para facer a súa solicitude.
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes para participar no proceso de adxudicación de praza:
-Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2024.
-Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2024.




Archivos adjuntos:
Información Xeral 22-Diciembre-2023 10:12