A Mezquita Informa

Orde de axudas para os permisos de condución clases B, C e D

Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D

Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:

- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

- Non estar traballando por conta propia nin allea.

- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación:

As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Documentación que debe presentarse coa solicitude:

- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/27392-orde-de-axudas-para-os-permisos-de-conducion-clase...


Archivos adjuntos:
lnformación Xuvenil 24-Enero-2024 09:20