A Mezquita Informa
O laboratorio de radon de Galicia con sede na Universidade de Santiago de Compostela intenta completar o mapa de radon da nosa comunidade. O Mapa de Radon de Galicia ten na actualidade 6080 medicións noutras tantas vivendas. Facemos medicións en todos os concellos dende hai uns anos pero a día de hoxe aínda quedan algunhas seccións censais nas que se precisa determinar a concentración de radon. Dende o laboratorio esperamos que poida cooperar con nós na difusión da información que se achega para que os cidadáns que o desexen poidan participar no proxecto.


¿CÓMO COLABORAR no procedemento para poder facer o estudo?
1. Precisamos o nome completo, a dirección exacta e número de teléfono para poder enviar o detector de radon.
2. O domicilio a medir debe ser vivenda habitual.
3. Habería que colocar o detector no dormitorio durante 3 meses. O detector chega por correo xunto coas instrucións de onde se debe colocar o detector, un formulario e un sobre con franqueo.
4. Pasado tres meses xa se pode enviar o detector de volta a o noso laboratorio, so hai que envolver o detector con papel de aluminio, e metelo no sobre franqueado xunto co formulario. A data de colocación e retirada son os datos mais importantes do formulario para poder revelar correctamente o detector.
5. Cando chega o detector a o laboratorio, procedemos co revelado tendo en conta as datas de colocación e retirada, desta maneira podemos calcular a concentración de radon que hai na casa. Cos datos obtidos enviamos un informe a o participante cos datos que constan no formulario.
CONTACTO:
Telf.  881812278  en horario de 9,00 a 14,00 h. de luns a venres
laboratorioradon.investigacion@usc.gal

--------------------- Laboratorio de radon de Galicia
Universidade de Santiago de Compostela
www.radon.gal





Archivos adjuntos:
Información Xeral 19-Febrero-2024 12:11