A Mezquita Informa

A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos este 15 de marzo aos VENRES DE CONSUMO RESPONDE con motivo da conmemoración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.

Polo que este venres 15 de marzo ás 12.30 horas celebrarase a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras relacionados co CONSUMO RESPONSABLE.


Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.


Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.


 Para participar:

1º.- Entra na web do IGCC:

https://consumo.xunta.gal/gl

2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO

3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. (Igual vos pide a modo informativo un usuario e correo electrónico)

OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"

4º.- UNIRSE Á REUNIÓN

 Escola Galega do Consumo

Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

15707 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999 093- 881 999 075



Archivos adjuntos:
Información Xeral 14-Marzo-2024 11:42