A Mezquita Informa
No DOG de hoxe, 14/03/2024, ven de publicarse a convocatoria dos CURSOS DESCENTRALIZADOS DE 2º NIVEL para o persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estes cursos están dirixidos os voluntarios/as que teñan superado o curso básico de protección civil e que estean como voluntario/a en activo na correspondente AVPC.

Esta oferta inclúe dúas modalidades formativas. CURSOS SEMIPRESENCIAIS. Onde a parte teórica se imparte on line na plataforma da AGASP e a práctica se concentra nunha xornada formativa nun concello da provincia de Ourense. Esto favorece a flexibilidade horaria na formación do voluntario. 

PRAZOS DE INSCRICIÓN: 
O prazo é de 10 días naturais a partir do día seguinte desta publicación (do 15  o 24 de marzo.)

SOLICITUDES:

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da AGASP (https://agasp.xunta.gal/gl); non se admitirá ningún outro tipo de solicitude.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidades de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal


LIGAZÓNS CONVOCATORIAS:
CURSOS FORMACIÓN DESCENTRALIZADA DE 2º NIVEL:

Adxunto a Resolución da convocatoria.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240314/AnuncioO3C2-080324-0001_gl.pdf


Protección Civil 14-Marzo-2024 11:59