A Mezquita Informa

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema O teu mellor verán, a Campaña de Verán de 2024 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

    • Campamentos en Galicia.


Publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia  o 16 de abril  (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240416/AnuncioG0657-040424-0004_es.html)      Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, desde o 17 ao 30 de abril.



    • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
    • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
    • Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
    • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
    • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
    • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos (novo)
      
En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

 Para mais información: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran




Archivos adjuntos:
lnformación Xuvenil 17-Abril-2024 09:59