A Mezquita Informa

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) convoca a todas as persoas emprendedoras que están ou desexan iniciar un negocio no medio rural de Galicia a participar no Obradoiro de Emprendemento Cooperativo no Medio Rural que se desenvolverá ao longo de cinco xornadas (martes pola mañá), comezando o día 7 de maio (martes) e rematando o 4 de xuño (martes) mediante videoconferencia. Nestas cinco xornadas, trataranse de abordar en detalle aspectos como a adaptación a un traballo no rural, como validar as ideas de negocio no rural, os aspectos claves para emprender en cooperativas e as axudas ás que se pode aceder, como realizar unha análise de viabilidade do proxecto para rematar avaliando as novas oportunidades de negocio que se están a poñer en marcha no medio rural de Galicia.

 O Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que van a emprender unha actividade agrícola, gandeira ou florestal uns coñecementos e unha información básica para que procedan a dar os pasos económicos, produtivos e organizativos coa maior seguridade posible.  É necesario facilitar o emprendemento coa finalidade de que os proxectos se consoliden e teñan éxito.

 Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo, convócase este Obradoiro para tratar de informar, posibilitar, asesorar e orientar ás persoas con interese en emprender no rural. Neste Obradoiro interveñen os técnicos de AGACA que habitualmente acompañan aos proxectos emprendedores, e que comparten cos mesmos os coñecementos que teñen dos mercados e as súas tendencias, as axudas públicas, os aspectos organizativos claves, etc…


 Para poder asistir e participar GRATUITAMENTE no Obradoiro de Emprendemento Cooperativo no Medio Rural é preciso inscribirse previamente no seguinte enlace
https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZ0tfuihrDoiGt2LzQrqdYFtY6Y8ewmF9gZX#/registration



AGACA
CONTACTO:
TELÉFONO. 988242481
agaca@agaca.coop



Archivos adjuntos:
Información Xeral 22-Abril-2024 13:51