A Mezquita Informa

Nivel de Restrición Máxima

(A partir do Luns día 8 de marzo)

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECIFICAS PARA O CONCELLO DA MEZQUITA POR INCIDENCIA ACUMULADA SUPERIOR A 500 CASOS POR CADA CEN MIL HABITANTES

 

LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:

1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

4.Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

5.Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

9. Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

 

 

 

 

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

• Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.

• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.

• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non non conviventes.

• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.

 

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

• Pechados ao público.

• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

• Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas.

 

HOTEIS E ALOXAMENTOS TURISTICOS

• Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.

• Servizos de hostalaría e restauración: Soamente para clientes aloxados.

 

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS

• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite de 50% da súa capacidade, independentemente da súa superficie.

 










Archivos adjuntos:
SANIDADE 05-Marzo-2021 14:31