A Mezquita Informa
Dende o Concello da Mezquita cremos na ilusion do Nadal.

Por elo, queremos que esta chegue ata cada un dos recunchos do municipio.

Durante as dúas próximas semanas levarase a cabo a iniciativa "ENCONTRA A ILUSIÓN". En cada un dos pobos A MEZQUITA, ESCULQUEIRA, CHAGUAZOSO, CÁDAVOS, MANZALVOS, SANTIGOSO, VILAVELLA, A CANDA, CASTROMIL E O PEREIRO haberá unha ilusión agochada: UN DÉCIMO DO SORTEO DA LOTERÍA DE NADAL do próximo 22 de decembro.

Dende as redes sociais, FACEBOOK e INSTAGRAM do CONCELLO DA MEZQUITA, faranse públicas unha serie de pistas para que os veciños de cada lugar poidan  encontralo.

Agochado encontraredes unha fococopia do décimo que seguidamente poderedes recoller no Concello. En caso de que algún deles non sexa atopado, este será cedido a unha ONG que loite polos dereitos de persoas en risco de exclusión.

Moita sorte a todos e ESTADE MOI ATENTOS ÁS PRÓXIMAS PUBLICACIÓNS.


Archivos adjuntos:
Cultura 13-Diciembre-2022 13:44