A Mezquita Informa

Acción de Verán 2023     http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran


A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema O verán que sempre vas lembrar, a Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.  Prazo de presentación de solicitudes:  desde  o 18 de abril ata o 2 de maio
    • Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.

  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.

  • Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.

  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.

  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.



Archivos adjuntos:
lnformación Xuvenil 31-Marzo-2023 13:16