A Mezquita Informa
 A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que este venres 2 de xuño ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre  PRODUTOS TÍPICOS DO VERÁN.
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder os venres ás 12.30 na nosa web.

 
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
 

Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 091




















Archivos adjuntos:
Información Xeral 01-Junio-2023 09:40