A Mezquita Informa
     En cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, póñense en coñecemento as operacións de xestión de biomasa que UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. pretende realizar no Concello da Mezquita.
      Lémbrase que nas liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, na devandita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007.
Polo anteriormente indicado, adxúntanse os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van a realizar os labores de xestión de biomasa para que os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poidan executalas previamente.

        Se transcorridos 15 días desde esta publicación o propietario do terreo non efectuou os labores de xestión de biomasa indicadas, UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. procederá á súa realización.
(ADXÚNTASE PLANO)



Archivos adjuntos:
Información Xeral 01-Junio-2023 10:53