A Mezquita Informa

AVISO

 Alértannos varios veciños/as do Concello que se están producindo envíos ós usuarios da Banca Electrónica, a través do E-MAIL ou SMS, de enlaces web FRAUDULENTOS, os que parecen verdadeiros, solicitando verificación de conta e datos sensibles e privados, e xa ocasionaron algún vaciado de contas bancarias, en particular a algún veciño/a do noso Concello.

 Polo tanto, dende o Concello queremos aconsellar, que extremen as precaucións, se recibe algunha mensaxe ou correo electrónico non habitual e evitar compartir datos que poidan dar acceso á súa conta bancaria.

Información Xeral 05-Junio-2023 13:14