A Mezquita Informa
Nos anos 60 e 70 a malla era máis que un traballo. Esta tarefa converteuse nun dos encontros máis esperados do ano, un encontro entre veciños onde se poñia de manifesto a amizade e mesmo o namoramento.
Este ano é o turno da AIRA do Verano, na Mezquita, durante a mañán do sábado dia 26 de agosto.
Por iso buscamos voluntarios.

ENCARGADOS DE SUBIRSE Á MEDA E CORTAR A GRAÑEIRA.
FEIXEIROS
PALLEIREIROS
ENCARGADOS DE COLLER O GRAO
ENCARGADOS DE APAÑAR OS SACOS
ENCARGADOS DA BEBIDA
ENCARGADOS DA COMIDA

Haberá agasallos para aqueles que se decidan a colaborar e ademais un premio para a aldea que máis colabore.
CHAMA ao 988425541 e anótate antes do dia 1 de agosto.
ESPERÁMOSTE!!!!




Archivos adjuntos:
Cultura 05-Junio-2023 18:22