A Mezquita Informa
Por parte do INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO publicaronse as seguintes axudas para o ano 2023
MELLORA DA ACCESIBILIDADE NAS VIVENDAS do PLAN ESTATAL DE VIVENDA PARA O ACCESO Á VIVENDA 2022-2025 (DOGA número 104 do 2 de xuño do 2023)
BENEFICIARIOS: persoas titulares de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas, edificios de tipoloxía residencial, comunidades de persoas propietarias, etc.
OBXECTO: instalación de ascensores, salva escaleiras, ramplas, apertura de portas, produtos de apoio, elementos de información, de comunicación ou de aviso, produtos de apoio á audición, vídeo porteiros, dispositivos de alarma no ascensor, instalación domótica. Estas actuacións non poden estar iniciadas antes do 1 de xaneiro do 2022
Todas as vivendas teñen que cumprir uns determinados requisitos: estar rematadas antes do 2006 (a non ser que habiten persoas que acrediten algún grao de discapacidade), ser o domicilio habitual dos propietarios, etc
A cantidade da subvención depende do tipo de vivenda, de si reside unha persoa que acredite algún grao de discapacidade, etc
PRAZO: remata o día 15 de xullo do 2023, a non ser que se esgote o crédito orzamentario con anterioridade á data indicada.
As persoas interesadas en presentar a súa solicitude poderán informarse do resto dos requisitos e condicións nas oficinas do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Archivos adjuntos:
Información Xeral 09-Junio-2023 13:28