Pazos de Borbén Informa
O Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos convoca o II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBEN co obxectivo de fomentar a creatividade entre os escolares do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega, fomentar a escrita na nosa lingua entre os mais mozos -particularmente no ámbito da narrativa/relato breve- e facilitarlles unha motivación para facelo como é a de participar neste certame.

Poderán participar os alumnos e alumnas residentes no Concello de Pazos de Borbén que estean cursando estudos de Educación Primaria e/ou Secundaria nos colexios do municipio (1º a 6º de primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos).

O prazo para presentar os relatos será entre os días 1 de outubro e o 15 de novembro de 2019, ambolos dous inclusive...

https://bibliopazos.blogspot.com/2019/09/ii-certame-de-relato-curto-do-concello.html?spref=fb&m=1



Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/300919114129_1057250F-71DB-40B0-AD1B-46E0456C988E.jpeg