Pazos de Borbén Informa
Finalizamos as actividades do mes de outubro o próximo Martes día 29 de outubro na Sala de Lectura onde contaremos co espectáculo “MATEMAXIA” que nos traerá O Mago Paco de A illa dos nenos cunha actividade que mestura dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, que ainda que a priori podamos pensar que non teñen nada en común e ata parecen contrapostas, pero nada mais afastado da realidade.

A través desta actividade O Mago Paco demostrará o moito que teñen en común e o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida...

Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/matemaxia-espectaculo-de-divulgacion.html?spref=fb&m=1


Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/281019115306_B4A6A502-46B1-440F-AFA6-722B6168E51C.jpeg