Pazos de Borbén Informa
???? #DepoIntegraXoven Gustaríache saber crear sitios web? Ou planificar, dinamizar e avaliar proxectos de tempo libre educativo dirixidos á #infancia e á #xuventude? Bótalle un ollo a estas dúas accións do programa de #formación da Deputación Pontevedra que impartiremos en #Pontevedra! ???? Co curso ‘Confección e publicación de páxinas #web’, de 560 horas de duración, prácticas en empresas incluídas, poderás traballar en desenvolvemento e mantemento de páxinas web ???? Co curso 'Dirección e coordinación de actividades de #TempoLibre educativo infantil e xuvenil, de 410 horas, prácticas en empresas incluídas, poderás traballar en coordinación ou dirección de actividades e de espazos de tempo libre como campamentos ou albergues de xuventude ⚡️ Só precisas ter entre 16 e 30 anos e estar inscrito/a en Garantía Juvenil Meyss e como demandante de #emprego ⚡️ Se es unha das persoas seleccionadas, recibirás unha axuda de 200 € mensuais Infórmate e preinscríbete ata este domingo! ???? https://www.depo.gal/depointegra-xoven
Emprego 12-Abril-2018 23:30