Pazos de Borbén Informa
Comenzamos a programación do mes de NOVEMBRO o día 4 ás 13:00 horas co Obradoiro de Experimentación Creativa con Música Electrónica "CIENCIA MUSICAL" a cargo do enxeñeiro electrónico e compositor Mateo Mena CALAVIA. O obradoiro é un proxecto educativo plenamente práctico, orientado a público xuvenil, que combina conceptos científicos e sonoros nun ambiente de traballo baseado na experimentación. A través da construción de diversos dispositivos musicais electrónicos, os asistentes irán adquirindo coñecementos prácticos sobre varios principios científicos (electromagnetismo, resistividade, frecuencia, vibración...) e a súa aplicación musical, enfocándose en áreas específicas como a creatividade, a educación ambiental, o método científico ou a aprendizaxe colaborativa... https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/obradoiro-de-experimentacion-creativa.html?spref=fb&m=1

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 02-Noviembre-2019 14:50