Pazos de Borbén Informa
CELEBRA CONNOSCO O DÍA DO LIBRO PARTICIPA!!! A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos convída a toda a veciñanza a celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) dun xeito virtual ao non poder celebralo con presenza física nin con actividades debido ao confinamento polo COVID-19. Así queremos darvos aos usuarios da biblioteca e a toda a veciñanza todo o protagonismo a través dos seguintes retos: -Grava un vídeo lendo (un conto, una poesía, una novela, una obra de teatro…) só ou coa túa familia. (Pais, nais, fillos, fillas, avós, avoas…). -Fai una foto na que aparezas co libro que estás a ler estes días ou co que queiras recomendar. Podes facer a foto só ou en compañía. -Fai una foto do teu lugar de lectura preferido na casa. -Envía una frase ou un verso breve, con indicación do autor e do título do libro, que traslade á cidadanía ilusión e forza nestes momentos de confinamento. -Escribe una frase curta que defina o que é a lectura para ti. Fainos chegar a túa proposta a través dunha mensaxe por privado no Facebook de BiblioPazos ou a través do correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org Todas as propostas recibidas serán publicadas na páxina de Facebook de Bibliopazos coas etiquetas #BiblioPazos #EuLeonacasa #Quedanacasa #EuQuedonacasa e #DiaMundialdoLibro2020 SÚMATE AO RETO E PARTICIPA!!! PRAZO: Ata a finalización do confinamento do estado de alarma polo Covid-19

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 21-Abril-2020 22:07