Pazos de Borbén Informa
O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN RETOMA A ATENCIÓN PRESENCIAL AO PÚBLICO INCLUINDO MEDIDAS DE PROTECCIÓN - Establécese un sistema de quendas de traballo entre o persoal e concertaranse citas previas para realizar xestións Pazos de Borbén, 13 de maio de 2020 O Concello de Pazos de Borbén abriu esta mañá de novo as súas portas para prestar atención de forma presencial aos seus veciños. O horario de acceso ao público segue a ser de 9 a 14 horas e para atender todas as solicitudes e xestións que se teñan que realizar de forma presencial creouse un sistema de citas previas. Os veciños que precisen realizar trámites serán recibidos na entrada do consistorio por un traballador que xestionará a súa solicitude, permitindolle o paso á zona de rexistro ou concertándolle unha cita co servizo que precise se o traballador non se atopa nunha quenda de traballo presencial. Ademais, sempre que sexa posible, orientarase aos veciños sobre como realizar dita xestión a través do servizo de atención telefónica municipal que seguirá a funcionar durante todo o periodo de alarma sanitaria. O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, explicou que a reanudación da atención pública de todos os servizos realizarase progresivamente, "coincidindo co proceso de desescalada e extremando a precaución, con só unha persoa por oficina e mantendo sempre o distanciamiento social nos postos de traballo". Para iso, ideouse un sistema de quendas para o persoal municipal nos que se establecen periodos alternos de teletraballo e asistencia presencial ata que se vaia recuperando a normalidade nas xornadas laborais. Para levar a cabo esta reapertura o goberno local instalou varias pantallas de protección nos postos de atención e puxo en marcha un protocolo de acceso para protexer a veciños e traballadores no que, ademais de recomendarse o uso de mascarillas e xel hidroalcohólico, restrinxirase o número de visitantes no interior das oficinas e será obrigatorio seguir o circuíto fixado para cumprir as normas de distanciamiento social. A tenente alcaldesa, Eloisa Nogueira, destacou que "abrimos para dar atención a todos os veciños de forma presencial, que de forma telefónica xa se estaba facendo", que terminou pedindo aos veciños que "na medida do posible sigan as recomendaciones sanitarias e utilicen as consultas telemáticas".

Archivos adjuntos:
Horarios 13-Mayo-2020 21:40