Pazos de Borbén Informa
Finalizamos as actividades do mes de decembro o venres 18 e o martes 22 de decembro nos que levaremos a cabo unhas actividades adicadas á difusión da ciencia en galego no Auditorio do Concello. En primeiro lugar realizarase dous "ESCAPE ROOM CIENTÍFICO" que terán lugar a partir das 10:00 horas no que participarán os alumnos de 6º de Primaria o venres 18 de decembro e os alumnos de 2º de ESO o martes 22 de decembro. Ámbalas dúas sesións serán levadas a cabo Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA. Neste xogo de aventuras físico e mental que consiste en pechar a un grupo de xogadores nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas -neste caso de carácter científico- para ir desenlazando unha historia e conseguir escapar antes de que finalice o tempo disponible; o alumnado deberá resolver as pistas nas que haberá linguaxe de descifrado, candados, esposas, luz UV, reloxos de area... e por suposto experimentos e probas científicas para poder resolver o enigma que os levará a rescatar a León Supermolón do cofre do tesouro. Eses mesmos día ás 12:30 horas o venres 18 de decembro e ás 13:00 horas o martes 22 de decembro, tamén no Auditorio do Concello, realizaránse dúas sesións de "CONTACONTOS conCIENCIA", a cargo de Ana Míguez Dacosta e Erea Dasilva Oliveira de HEROES PARA A CIENCIA, nas que participarán os alumnos de Infantil e de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e que consistirán nunha interpretación lúdica, ilustrativa e creativa de varios contos de xeito que os propios asistentes participen dos mesmos, imaxinando aos personaxes e as súas aventuras, todos eles de temática científica. Para estes eventos non podemos convidar ao público en xeral a participar deles debido aos protocolos da pandemia do COVID-19; pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 15-Diciembre-2020 08:01