Pazos de Borbén Informa

A próxima actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller é o Venres día 12 de marzo organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela en colaboración con BiblioPazos. Trátase dun contacontos retransmitido en liña en lingua galega e lingua de signos titulado "ROSA CARAMELO" e que levarán a cabo de novo Aranzazu Casas e María Costa de ContAZ Lingua de signos.

Baseado no álbum ilustrado de Adela Turín con ilustracións de Nella Bosnia e editado por Kalandraka, trata de Maragarida a única elefanta do grupo que non consegue ter a pel rosa caramelo. Ela non quere lucir lazos rosas, nin zapatos rosas, nin colares rosas. Ela quere ter a mesma liberdade que os elefantes varóns e xogar sen limitacións. Margarida descubrirá a sensación da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para o resto das súas compañeiras elefantas...

A actividade retransmitirase nunha única emisión ás 13:00 horas para os escolares de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; os de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, e os usuarios da Asociación ASPAVI aos que se lles fará chegar o enlace para  conectarse a través de internet e poder gozar do conto.


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 10-Marzo-2021 14:30