Pazos de Borbén Informa
A cuarta actividade coa que damos por rematadas as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR neste mes de abril consiste nun contacontos que terá lugar o Venres 23 de Abril ás 12:30 horas na EEI Infantil "A Galeriña" de Nespereira na que participarán todos os seus alumnos e alumnas.

Desta vez a contadora ANA FACCHINI levaralle aos rapaces e rapazas o seu espectáculo "CANTOS, CONTOS E OUTRAS ANIMALADAS"; unha actividade na que os contos de animais da nosa infancia reinvéntase en historias actuais cheas de amor, humor e tenrura.

Pequenas historias contadas e cantadas por animais nunha viaxe por montes, ríos, alamedas, fragas e camiños. 
Peludos, tenros, comellóns, medorentos, curiosos, teimudos e sempre adorables! Un lobo famento, unha granxa ruidosa, un gato en apuros, unha ovella preguntona... Ovo, rato ou toupa? Atrévete a descubrir que se agocha entre tanta animalada!!

ANÍMATE!!!

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 16-Abril-2021 08:10