Pazos de Borbén Informa
O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN CONVOCA AS SÚAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 
O Concello de Pazos de Borbén ven de convocar o seu programa de axudas para a adquisición de material escolar e didáctico para este ano. Un plan co que se pretende colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os alumnos pertencentes aos centros educativos do concello.
O goberno local, sendo consciente do gran esforzo que supón para as familias o inicio do curso coa situación económica derivada da pandemia, incrementou un 30% o importe das axudas conforme ao ano pasado para emendar, na medida do posible, este problema. A convocatoria está dispoñible para os estudantes de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, PCPI e Formación Profesional do municipio.
Para solicitar estas axudas é necesario se pai, nai ou titor dun alumno matriculado para o curso 2021-2022. Do mesmo xeito, a unidade familiar deberá estar empadroada e ter a súa residencia efectiva no Concello de Pazos de Borbén ademais de cumprir os límites do baremo económico recolleito nas bases da convocatoria. As solicitudes para acollerse a este programa deberán presentarse na Casa do Concello antes do 15 de agosto. Os interesados en resolver calquera dúbida ou realizar as súas consultas deberán dirixirse ás oficinas da Casa do Concello ou a través do teléfono 986 497 035.
A edil de Educación, Blanca Míguez, manifestou así o compromiso municipal coas necesidades das familias do concello. "Os concellos apenas temos competencias en materia de Educación, pero entendemos que, con accións como esta, podemos aportar o noso granito de area para axudar ás familias nestes momentos tan difíciles para a súa economía".


Archivos adjuntos:
Info Xeral 19-Julio-2021 17:51